FITOS, CONQUISTAS E REFERENTES DO COLECTIVO LGBTIQA+
Outra das actividades previstas no Proxecta e desenvolvidas dentro do módulo de FOL co alumnado dos ciclos formativos de Administración e Finanzas, Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos e Imaxe para o Diagnóstico (1ºA) foi a elaboración dunha presentación onde se compartise información sobre os fitos, as conquistas froito das loitas e as persoas referentes do colectivo lgbtiqa+.
O obxectivo é a reflexión por parte do alumnado da loita do colectivo LGBTIQA+ polo recoñecemento duns dereitos que lles corresponden por nacemento, pero que a sociedade heteropatriarcal lles arrebata pola súa orientación ou identidade sexual.
Que o alumnado entenda a violación de dereitos humanos que sofren as persoas non heterosexuais por algo que so lles corresponde a elas e á súa intimidade.
Esa recopilación de información debíase facer seguindo as instrucións dadas pola profesora a través da aula virtual mediante unha tarefa e debían entregarse nun determinado formato.
As instrucións foron estas:
Unha vez entregada a tarefa, os arquivos enviados foron incorporados a un Google Earth para utilizalo como ferramenta de presentación do mesmo.
O resultado compartímolo premendo na seguinte imaxe: