DIVERSIDADE E "IDENTIDADE"
O 20 de abril visitou o centro Nee Barros, autor do libro "Identidade", unhas das lecturas do Club de Lectura de Igualdade traballadas este curso.
Nee estivo con Olga Nogueira, coordinadora de Normalización Lingüistica dos 3 Clubs de Lectura do centro e profesora de galego, na emisora do centro, onde contestou a unhas preguntiñas que lle formulou Olga.
Logo xa no Salón de Actos de centro falou co alumnado de 2º e 3º da ESO de Diversidade, de Transexualidade, de libros e de liberdade. Magnifica intervención de Nee.
Ningún comentario:
Publicar un comentario