A DIVERSIDADE NO CENTRO
Co gaio do día contra a Lgbtbifobia (17 de maio) colocouse cartelería diversa no centro. Este ano centrámonos na diversidade das identidades, representadas a través das bandeiras.
Colocáronse bandeiras por todo o teito do hall do edificio principal do centro.
Leonor Giménez, coordinadora da Biblioteca do centro, fixo a súa proposta de lecturas diversxs.
Proxectouse para 1º e 2º ESO o filme Carmen e Lola, a historia de dúas mozas lesbianas e da comunidade xitana. Rematada a película, propúxoselle ao alumnado unha ficha con preguntas sobre a pelí, centradas na temática lgbtiqa+ e na temática xitana.
Premendo na seguinte imaxe pódese acceder á ficha para traballar a película:
Ningún comentario:
Publicar un comentario