domingo, 3 de xullo de 2022

FITOS, CONQUISTAS E REFERENTES DO COLECTIVO LGBTIQA+

Outra das actividades previstas no Proxecta e desenvolvidas dentro do módulo de FOL co alumnado dos ciclos formativos de Administración e Finanzas, Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos e Imaxe para o Diagnóstico (1ºA) foi a elaboración dunha presentación onde se compartise información sobre os fitos, as conquistas froito das loitas e as persoas referentes do colectivo lgbtiqa+. 

O obxectivo é a reflexión por parte do alumnado da loita do colectivo LGBTIQA+ polo recoñecemento duns dereitos que lles corresponden por nacemento, pero que a sociedade heteropatriarcal lles arrebata pola súa orientación ou identidade sexual. 

Que o alumnado entenda a violación de dereitos humanos que sofren as persoas non heterosexuais por algo que so lles corresponde a elas e á súa intimidade.

Esa recopilación de información debíase facer seguindo as instrucións dadas  pola profesora a través da aula virtual mediante unha tarefa e debían entregarse nun determinado formato.

As instrucións foron estas:

Unha vez entregada a tarefa, os arquivos enviados foron incorporados a un Google Earth para utilizalo como ferramenta de presentación do mesmo.

O resultado compartímolo premendo na seguinte imaxe:



Ningún comentario:

Publicar un comentario