luns, 23 de xuño de 2025

OS DEREITOS HUMANOS VERSIÓN VISUAL THINKING. 

 A terceira data traballada no primeiro trimestre foi o 10 de decembro, data na que se conmemora a adopción por parte das Nacións Unidas da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.  Nun momento no que os conflitos armados proliferan, onde a tensión internacional está acadando un nivel elevadísimo, e onde a sociedade cada vez está mais polarizada cuestionando temas tan esenciais como os dereitos humanos, traballar esta data considereina esencial para que o alumnado reflexionase sobre a esencia do humano, sobre como os discursos de odio están calando na sociedade e sobre identificar onde están os límites da intolerancia. Unha Carta de Dereitos fundamentais e inalienables que a ONU redactou como resposta aos “actos de barbarie aldraxantes para a conciencia da humanidade” cometidos durante a Segunda Guerra Mundial debe ser mencionada e recordada sempre, pero sobre todo nos momentos nos que as atrocidades se repiten, e a intolerancia se impón. Ler o articulado da declaración e entendela para poder explicala mediante o debuxo implicou unha labor por parte do alumnado de entender, reflexionar, interpretar e cuestionar.


A actividade propúxose no grupo de 1º do Ciclo Superior de Imaxe para o Diagnóstico, no módulo de IPE 1 Adxúntase unha captura de pantalla da aula virtual coas indicacións da tarefa:



O produto final do traballo móstrase a continuación nunha presentación de Canva. Tamén foi incorporado a un traballo sobre os Dereitos Humanos realizado na ferramenta Genially.





Por último este traballo servirá de base para a elaboración o próximo curso dun xogo de mesa en Polos Creativos, para traballar estes contidos nas aulas da ESO, Bacharelato e nos cursos da FP Básica principalmente. 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario