COLECTIVOS VULNERABLES
Por mor da dobre discriminación que sofren algunhas mulleres por pertencer a un colectivo vulnerable e ademais por ser muller, e a necesidade de crear e facilitar espazos inclusivos que garanten o trato igualitario entre as persoas, por enriba de xéneros e capacidades, a profesora de Educación Física, Susana Piñeiro, organizou un obradoiro de lingua de signos para o alumnado de 1ºESO que se desenvolveu a finais do mes de marzo.
Co obradoiro "SIGNAR NAS AULAS" unha persoa xorda especialista en lingua de signos e unha intérprete e formadora en LSE procuraron achegar a lingua de signos ao alumnado, e sensibilizalos co colectivo de persoas xordas e xordocegas e a súa cultura.
A actividade foi un éxito.
Outro colectivo que sofre moita discriminación son as persoas da etnia xitana, e as mulleres xitanas sofren a discriminación da etnia e do xénero da comunidade paia, e a maiores a discriminación por ser muller da súa propia comunidade.
Co seguinte traballo "Muller, Xitana .... e Empoderada", elaborado dende o equipo de igualdade do centro, preténdese achegar referentes femininos ás alumnas xitanas, ao tempo de aproximar a cultura xitana a alumnado e docentes propiciando unha maior integración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario