TRABALLANDO A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO EN 2º ESO
Entre a materia de Igualdade de Xénero e a Titoría, varias foron as actividades que se desenvolveron en 2º da ESO previstas para traballar a prevención da Violencia de Xénero. Visonado de curtas, da película Figuras Ocultas e da película Chicas Perdidas, debate, lecturas e a participación no proxecto "Algo entre Nos", unha plataforma interactiva a través da cal se traballa a prevención da violencia de xénero como se fose un xogo, no que o alumnado debe ir superando retos (5 en concreto) e a través do cal xurde un debate que facilita a reflexión e o cuestionamento. "Algo entre nos" é outro dos recursos facilitados a través do Proxecta "Por 365 días...."
Dos debates tamén sairon algúns traballiños. Aquí o alumnado analiza os mitos románticos:
E aquí está a ficha coa que traballamos o filme Figuras Ocultas. Premendo sobre a imaxe pódese acceder á ficha:
Ningún comentario:
Publicar un comentario