OS MOVEMENTOS OBREIROS FEMININOS
O análise de 8 movementos obreiros protagonizados por mulleres foi unha das actividades estrella deste curso, por como se levou a cabo e a súa trascendencia.
Comezou sendo proposta como unha actividade de valores dentro do Módulo de FOL para alumnado dos ciclos superiores de Administración e Finanzas e 1ºA Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear.
Nun primeiro momento creouse en Drive, onde o alumnado accedía a través dunha invitación de colaboración enviada pola profesora.
A estética non era axeitada, polo que o alumnado do grupo de Imaxe para o Diagnóstico refixo o traballo, esta vez na ferramenta CANVA.
Cando o traballo creativo e de análise de información estaba rematado, as alumnas prepararon os contidos para expoñelos na aula de 4ºESO, o grupo co que a profesora Leonor Giménez previamente estudara o Movemento Obreiro.
Foi unha experiencia moi positiva, e de cada traballo creouse un Código QR que se imprimiu con cada unha das portadas dos traballos para poder expoñer no hall do centro.
Premendo na seguinte imaxe pódese acceder á presentación dos traballos e ao contido de cada un deles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario