8-M NO CENTRO
Unha constante no centro é visibilizar as datas máis significativas do calendario escolar. O 8 de marzo é unha desas datas, nas que se elabora cartelería diversa para resaltar ese día. Este ano centrouse na eliminación de estereotipos e roles de xénero, a fin de garantir a igualdade para as nenas e as mulleres nos seus itinerarios formativos e carreiras profesionais, e para iso elaboráronse ilustracións de nenas facendo mención do que serían de maiores.
Tamén se elaborou un vídeo coas ilustracións, e para a entrada do instituto fíxose un cartel con todos os meses do ano marcando o 8M en cada un dos días. O lema "Por 365 días 8M"
No vídeo no que se proxectan as ilustracións, así como novas de loitas femininas no eido laboral, intercálanse ilustracións con frases feministas elaboradas polo equipo de igualdade do IES Politécnico de Vigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario