domingo, 3 de xullo de 2022

O PAPEL DA MULLER NAS DIFERENTES CULTURAS

A celebración no centro da Semana das Culturas deu pe a realizar con alumnado de Ciclos Formativos a actividade "O papel da muller nas diferentes culturas". Os grupos participantes foron Administración e Finanzas, Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos e 1ºA Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear.

A través da aula virtual, como una tarefa calquera, colgáronse as instrucións para realizar este traballo, configurado para facer por parellas. A cada parella asinouselle un país. 

O resultado do traballo debía ser unha presentación realizada coa ferramenta CANVA. O resultado foi moi positivo, ao tempo que favoreceu o debate na aula e permitiu compartir certa información que resultou chamativa ou peculiar de determinadas culturas.

Posteriormente as portadas dos traballos imprimíronse xunto cun código QR que permitía acceder á presentación e colocáronse polas paredes da planta baixa do edificio principal do centro.

Tamén se imprimiron en cartón pluma para a súa exposición.

Aquí deixamos unha captura da tarefa da aula virtual e fotografías das impresións. 


 

 


 Para poder acceder ao contido dos traballos, so hai que premer enriba de cada unha das distintas nacionalidades (bandeira/s).



Ningún comentario:

Publicar un comentario