martes, 24 de xuño de 2025

 AS FUMIKOS 

Moitas son as mulleres non recoñecidas ao longo da historia, cuxos traballos e logros lles foron usurpados ou simplemente atribuídos aos seus familiares ou compañeiros varóns. Este ano, co gaio do 8 de marzo quixemos sacar á luz a todas esas mulleres escurecidas pola historia identificando as súas conquistas e otorgándolle os méritos correspondentes.  

Neste caso o obxectivo era sacar á luz e dar a coñecer a verdadeira autoría de achados, investigacións, obras artísticas e literarias, e descubrimentos levados a cabo por mulleres pero cuxos méritos non lles foron otorgados ás verdadeiras autoras.

  Metodoloxía: Asináronse tres mulleres por alumna/o a fin de que investigaran sobre as súas persoas e elaborasen unha pequena biografía de cada unha delas para logo expoñer no hall do instituto. Novamente a actividade propúxose a través da aula virtual do módulo de EIE, no apartado de Actividades de Valores, concretando os contidos a tratar e distribuíndo eses contidos entre o alumnado, que debían realizar de xeito individual. Esta actividade traballouse co alumnado de 2º curso do CS de Sistemas de Telecomunicacións e informáticos e do CS de Mantemento Electrónico. Adxúntanse varias capturas cos resultados dalgún traballo e coa montaxe final na entrada do edificio principal do centro.







E para o formato dixital, elaborouse a seguinte presentación:




Ningún comentario:

Publicar un comentario