PROSTITUCIÓN E "COBARDES"
"Cobardes" foi a última lectura do Club de Lectura de Igualdade. A violencia machista exercida a través das agresións sexuais e da explotación do corpo da muller foron os fíos condutores desta actividade.
Para falar de Prostitución e de "Cobardes" visitaron o centro Mª Xosé Porteiro, xornalista, escritora, profesora e autora do libro do que estamos a falar, e Lili, psicóloga da asociación Faraxa.
Porteiro concedeunos previamente unha pequena entrevista dende a nosa emisora do centro, e logo, no Salón de Actos, Mª Xosé e Lili xa entraron en materia e falaron de mulleres prostituídas, de proxenetas e puteros.
Participou alumnado de Bacharelato, do Ciclo Superior de Imaxe para o Diagnóstico (grupo 1ºA) e 2º ESO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario