MULLER E NENA NA CIENCIA: VISIBILIZANDO REFERENTES
A ausencia de referentes femininos na ciencia é consecuencia das violencias machistas exercidas polas familias e/ou a sociedade sobre mulleres de ciencia cuxos traballos foron invisibilizados ou usurpados por varóns do seu entorno.
Devolver o lugar público que lles corresponde a esas mulleres, recoñecer os seus traballos e atribuírllelos, e visibilizalas a elas como científicas, con igual consideración que os seus compañeiros varóns, ademais dunha débeda que temos como sociedade, é unha maneira de achegar referentes femininos ás aulas para fomentar a cultura científica entre as nenas e mozas, i equilibrar a presenza de mulleres nos estudos de ciencia.
Varias foron as actividades que se desenvolveron este ano no centro para traballar o "empoderamento científico feminino", para achegar referentes ás alumnas e para difundir e promover o interese pola ciencia.
1º. OBRADOIRO con 3º ESO SOBRE MICROPLÁSTICOS e a súa repercusión no medio mariño, impartido por dúas científicas do CSIC de Vigo.
Botando man da gamificación, e coa axuda do departamento de Orientación do Centro, elaboráronse varios xogos en formato dixital e tamén en papel, que logo se difundiron entre o profesorado para traballar nas aulas, durante as titorías, ou de xeito trasversal nas súas materias.
2º. PASAPALABRA DE CIENCIA
3º. XOGOS DE CARTAS DE CIENTÍFICAS
Familias de Ciencia. Xogo de cartas que, seguindo a metodoloxía de xogo de cartas das familias tradicional, as persoas que participan deben reunir as cartas que integran cada familia. As familias son ramas da ciencia (Bioloxía, Matemáticas, Química, Física....) e as persoas que integran as familias, son mulleres científicas
O Memori Científico. Xogo de cartas no que hai que unir parellas. Esténdense todas as cartas agochadas enriba dunha mesa, e no turno de xogo a persoa que lle toca levantar cartas debe levantar 2 cartas intentando formar parellas. A parellas fórmanas a científica e o seu descubrimento ou disciplina.
Ningún comentario:
Publicar un comentario