A VIOLENCIA MACHISTA NO EIDO DO TRABALLO
Nas contornas laborais a violencia machista tamén está presente. Exércese todos os días sobre as mulleres a través da Fenda Salarial, do Teito de Cristal, da discriminación por ter cargas familiares, das dificultades para conciliar e a través do acoso sexual e do acoso por razón de xénero ou sexo.
Tampouco podemos esquecer a dobre discriminación, a que sobren as mulleres lesbianas, negras, musulmás, xitanas, as mulleres con algunha discapacidade e as mulleres transexuais. Todas sofren, engadida ás discriminacións mencionadas, a de ser muller.
Para falar de fenda salarial, precariedade laboral feminina, traballos feminizados, e acoso sexual no traballo estivo no centro Esther Marinho, sindicalista da CIG, que impartiu dous faladoiros co alumnado de 1º curso dos ciclos formativos medios e superiores de administración, electrónica e sanitaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario