domingo, 3 de xullo de 2022
A VIOLENCIA DE XÉNERO NOS NOVOS CONTEXTOS DIXITAIS
O 17 de xaneiro estivo no centro Haizea Álvarez, de Pantallas Amigas, a iniciativa polo uso seguro e saudable de Internet e doutras TICs na infancia e nas adolescencia, e por unha cidadanía dixital responsable.
Cos cursos de 2º e 3º da ESO Haizea desenvolveu o obradoiro educativo "Violencia de Xénero e o novo contexto dixital", centrado no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xurden no contexto dixital: ciberviolencia de xénero, grooming, sextosión, revenge porn, sexting..... así como a xestión do uso do móbil e o control das redes sociais.
Unha formación moi interesante e moi necesaria, sobre todo nos tempos que corren. Importante para reflexionar de como actuamos nos contextos dixitais e da repercusión e consecuencias dos nosos actos.
Este obradoiro é un dos recursos que ofrece o Programa "Por 365 días de respecto e igualdade" do PLAN PROXECTA 2021/2022
EMPODERAMENTO FEMININO E MASCULINIDADES DISIDENTES
venres, 1 de xullo de 2022
TRABALLANDO A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO CO ALUMNADO.
ACTIVIDADES PARA A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA MACHISTA DO PLAN DIRECTOR E DO CONCELLO DE VIGO.
xoves, 30 de xuño de 2022
CREACIÓN DUN PUNTO LILA
O interese en visibilizar o Instituto como un centro con Tolerancia Cero cara a Violencia Machista, no so ante as persoas que circulan polo mesmo todos os días (alumnado e profesorado e persoal non docente) senón tamén ante o resto da comunidade educativa (inspección, familias...) e ante as persoas alleas ao centro que por distintas circunstancias accedían ao mesmo (persoas que veñen a impartir faladoiros e/ou obradoiros, reparto postal, persoas usuarias do Viveiro de Empresas...) i en achegar información precisa e veraz sobre todo ao alumado levounos a crear un punto lila na entrada do centro.
O concello de Vigo facilitounos diverso material moi axeitado e variado para esta finalidade.
O punto lila sitúase ao carón da portal principal de acceso ao edificio central do IES, concretamente na porta de entrada. O alumnado pode recoller información e material como pulseiras ou chapas.
Este punto lila créase coa finalidade de establecerse como un elemento permanente no centro (non foi algo temporal para a data do 25 de novembro).
DIFUSIÓN ENTRE A COMUNIDADE EDUCATIVA DA "GUÍA DE ACTUACÍON ANTE CASOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO NO ÁMBITO EDUCATIVO"
![]() |
| Programas 2023/2024 para a "Prevención da Violencia Sexual na mocidade e de calquera violencia machista" e Promoción do respecto e a Igualdade de Oportunidades |
![]() |
| Programas 2022/2023 para a Promoción da Igualdade entre mulleres e homes, a Visibilidade do traballo e as achegas das mulleres e a Prevención da Violencia Machista |
![]() |
| Programas 2021/2022 para a prevención da Violencia Machista e a promoción da Igualdade |
-
CANTO SABEMOS DA ENDOMETRIOSE?? Comezamos con forza falando dunha doenza que afecta a un número importante de mulleres, entre un 10 e un 1...
-
8 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO. Como outros anos, este non ía ser menos, sobre todo porque este ano conmemórase o 600 ani...
-
3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL. Outra das datas coas que se traballou este curso foi o 3 de dece...


.png)




.png)





