venres, 1 de xullo de 2022

TRABALLANDO A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO CO ALUMNADO.

 

O alumnado dos CS de Sistemas de Telecomunicacións e Informaticos e Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear (1ºA) elaboraron infografías onde se explican cada unha das maneiras en que as mulleres sofren violencia de xénero. As infografías foron realizadas na ferramenta CANVA, aínda que finalmente maquetáronse en cartón-pluma para poder expoñerse físicamente polo centro.Este foi o resultado: 
 

Pódese acceder a cada unha das infografías dende a seguinte presentación. Premendo sobre o elemento con interactividade (a man morada) da presentación accédese a todos os contidos.

 


 
Ademais das Violencias explícitas recoñecidas como tal, existen unha multitude de situacións que estando normalizadas, constituen verdadeiras situacións de violencia contra as mulleres. Son situacións algunhas delas que se xustifican como bromas e/ou situacións de estrés ou agobio do agresor.
No seguinte vídeo o alumnado do CM de Coidados Auxiliares de Enfermería Dual, de CM de Instalacións de Comunicacións e do CS de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos denuncia verdadeiras situacións de violencia de xénero invisibilizadas e normalizadas dende sempre. Dende aquí podedes visionar "Identificando Violencias"
 
 
 



Ningún comentario:

Publicar un comentario