IGUALDADE 2022/2023: RETOS E LOGROS
Este curso 2022/2023 optamos novamente por desenvolver un Programa de Innovación Educativa Proxecta, aínda que este ano decidímonos polo PROXECTA DONAS DE SÍ a través do cal quixemos centrarnos no empoderamento feminino, en poñer en valor as achegas das mulleres e procurar referentes femininos para o alumnado do centro, sobre todo para as nenas.
Baixo o título "AS QUE CONTAN" realizáronse varias actividades onde, ademais da posta en valor do feminino, traballouse, igual que outros anos, a prevención da violencia machista e a diversidade sexual.
Outro dos programas que repetimos tamén este ano foi o Contrato-Programa INCLÚE, concretamente a Liña Iguala-T, e aínda que o financiamento foi máis escaso que noutros anos, intentamos desenvolver diferentes actividades a través das cales o alumnado puidese reflexionar sobre cal é o tipo de sociedade na que quere vivir e quere deixar para o futuro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario