luns, 16 de xuño de 2025

 3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL. 

Outra das datas coas que se traballou este curso foi o 3 de decembro, día internacional das persoas con Diversidade Funcional. Neste caso o obxectivo perseguido era visibilizar ante o propio alumnado e ante o resto da comunidade educativa a situación das persoas con discapacidade, promover a súa inclusión social e laboral, e garantir que gocen dos seus dereitos en igualdade de condicións. Para iso pensamos en achegar ao alumnado referentes con diversidade funcional, celebridades famosas que normalizaron as súas diversidade serven de exemplos de normalización do colectivo de persoas con discapacidade. 

A actividade propúxose no grupo de 1º do Ciclo Superior de Imaxe para o Diagnóstico e no grupo de 2º do Ciclo Superior de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos, nos módulos de IPE 1 e Empresa e Iniciativa Emprendedora. Adxúntase unha captura de pantalla da aula virtual coas indicacións da tarefa.


O resultado da actividade foi a creación dun mural de celebridades con diversidade funcional que se expuxo no Hall do centro ........

E dúas presentacións na ferramenta Canva, unha so coas imaxes e outra de biografías. Aquí as mostras do traballo: 






Ningún comentario:

Publicar un comentario