CANTO SABEMOS DA ENDOMETRIOSE??
Comezamos con forza falando dunha doenza que afecta a un número importante de mulleres, entre un 10 e un 15% da poboación feminina, que se falamos de números máis concretos, entón máis de 2 millóns de mulleres padecen esta enfermidade en España, 14 millóns de mulleres en Europa e 176 millóns de mulleres e todo o mundo. E aínda así, con estas cifras, segue sendo unha enfermidade que tarda, de media, entre 7 e 10 anos en diagnosticarse.
Para falar desta doenza acompañounos Bárbara, sexóloga e socia de querENDO, unha asociación sen ánimo de lucro de mulleres afectadas pola doenza da Endometriose, que durante unha sesión faloulles ao alumnado de Sanitaria de que é esta enfermidade, por que tarda en detectarse, síntomas, posibles complicacións e tratamentos.
Moitas grazas querENDO polo voso traballo e a vosa implicación.
.jpg)

.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario