domingo, 3 de xullo de 2022

 FALANDO DO BO TRATO CON ÁM@ME

En Xaneiro deste ano visitáronnos no centro Chis Oliveira e Amada Traba para falarnos do bo trato, das relacións respectuosas e do afecto, para falarnos do seu libro "Ám@me", unha das lecturas que tivemos este ano no Club de Lectura de Igualdade.
 Visitaron a nosa emisora de radio, onde alumnado de Bacharelato  entrevistounas. 
 
Despois, no Salón de Actos do centro, falaron co alumnado de 1º Bacharelato (C e H), CAE Dual e Mantemento Electrónico de relacións afectivas, do bo amor, de como se constrúen as relacións de parella, de diversidade sexual e de moitos outros temas que lles interesa á mocidade e que lles afecta como parte da sociedade.
 
Unha marabilla gozar da compañía de dous referentes do feminismo como son Chis e Amada. So nos quedan palabras de agradecemento pola súa visita e o seu tempo, e agardar que nos volvan a visitar para o próximo curso.


Ningún comentario:

Publicar un comentario