domingo, 28 de xuño de 2026

 

"CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A LGTBIFOBIA"

No mes de maio conmemoramos todos os anos o día contra a Lgtbifobia. Obxectivo concienciar sobre a discriminación e abusos que aínda sofren na nosa sociedade as persoas homosexuais, transexuais e bisexuais.

  • Creación dun cartaz coa seguinte mensaxe: Eres d@s que aínda pensan que a Lgtbifobia non existe????? Pois dalle unha volta. As letras da mensaxe das cores da bandeira LGBTIQA+.
  • Colocación nas columnas do hall da exposición “Lgtbifobia no deporte”.
  • Colocación no teito de abanicos abertos da bandeira LGBT.
  • Montaxe dun obradoiro de pendentes e pulseiras lgtbiqa+. Dende polos cortáronse círculos de madeira coa landa grabada para montar pulseiras e colgantes. Tamén se imprimiron bastantes landas das colores da bandeira para poder montar os pendentes.
  • Por último tamén se colgaron mensaxes contra a Lgtbifobia feitos polo alumnado.

Estamos a vivir un retroceso moi importante nos dereitos Lbgtiq+. A normalización de discursos de odio no debate público, a polarización política, o aumento da desinformación en redes sociais, a estigmatización das persoas trans e o rexeitamento á maior visibilidade e conquistas lexislativas das diversidades sexuais e de xénero son algúns dos motivos que están a contribuír nese retroceso de dereitos. Consecuencias desta situación: as agresións contra o colectivo triplicáronse en so 2 anos, e cada vez están máis normalizadas as violencias verbais e a discriminación cara o colectivo.

Este ano o  noso gran de area na loita contra esa Lgtbifofia intégrano as seguintes accións:







 

"CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO"

Tamén no mes de abril se CONMEMOROU O DÍA DO POBO XITANO, celebración que leva anos facéndose no noso centro. Nesta ocasión representouse no Hall do centro unha das cerimonias máis tradicionais da cultura xitana: “A cerimonia do río”.

  • Para iso as alumnas do CM de Coidados Auxiliares de Enfermaría elaboraron e pintaron numerosas flores de diferentes materiais (papel, cartolina, goma-eva, fieltro ....). Forrouse a columna central do Hall con fieltro azul e verde, simulando a bandeira xitana. e por enriba colocáronse todas as flores, intercaladas con rodas vermellas de diferentes tamaños que se fixeron na cortadora láser. 
  • Tamén na columna se colocaron letras feitas coa cortadora láser que indicaban o día que se estaba celebrando.
  • Nunha pequena mesa colocouse un Cartel explicativo do que se estaba representando na hall, e tamén se puxeron pequenas velas acesas para representar o lume que acompaña na cerimonia do río.
  • Por último elaboráronse numerosos carteis con palabras que están totalmente integradas no idioma español e que proceden do caló. Todos estes incluían a frase “Sabías que falamos caló cando dicimos.....” e unha palabra caló co significado debaixo.
  • Na impresora 3D imprimíronse numerosas rodas en cores verde e azul representativas da roda da bandeira xitana que se repartiron entre o alumnado. A utilidade que se lle dou era de chaveiro.
  • Tamén se imprimiron horarios de clase en branco coa bandeira xitana de fondo.







CURRAR de Raquel Martínez Rivas

 

"A FENDA SALARIAL E O ACOSO SEXUAL OU POR SEXO NO TRABALLO. COMO AFRONTALOS"


No mes de abril desenvolveuse un faladoiro impartido por representantes do sindicato CIG para os ciclos de Sistemas de Telecomunicacións, de Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear, de Mantemento Electrónico, de Administración de Finanzas e de Asistencia á Dirección.


Temáticas como a diferencia salarial entre mulleres e homes ou o acoso que as mulleres sofren nas súas contornas laborais por razón de sexo ou de orientación sexual ou mesmo por acoso sexual son contidos curriculares do módulo de Itinerario Persoal para a Empregabilidade I que se estudan na parte de prevención de riscos laborais, cando se analizan os riscos psicosociais e os factores deses riscos, e na parte da relación laboral cando se analiza a composición do salario e as súas garantías.


Para poder analizar con un pouco máis de profundidade estas situacións, puidemos contar con dúas representantes do Sindicato CIG que nos achegaron un pouco máis ás realidades que se viven nas empresas e compartiron as ferramentas coas que contamos na actualidade para poder combatelas. 






 

"MENTORÍAS INDIVIDUAIS DO PROGRAMA EDUREFERENTES"

O programa Edureferentes desenvolveuse en dúas fases: unha primeira fase que se levou a cabo no mes de decembro con unha charla para todos os grupos da ESO e un taller orientado ao desenvolvemento de Soft Skills so para o grupo de 4º ESO.

Na segunda fase do programa desenvolvéronse mentorías individuais con 5 alumnas/os de 4º ESO. Atendendo aos intereses mostrados polo alumnado deste curso, seleccionáronse a 5 candidatos que se dividiron en dous grupos: Un dos grupos asistiu durante toda unha mañá á mentoría da referente Maruxa Álvarez, formación orientada ao emprendemento, e o outro asistiu á mentoría da referente Ana Castro Antonio.

O alumnado participante valorou moi positivamente esta experiencia e recibiu unha certificación da súa participación nestas mentorías. 




 

"CONMEMORACIÓN DO 8M"


No mes de marzo, para a CONMEMORACIÓN DO 8M propúxoselle ao alumnado que participase na elaboración de materiais para promocionar o Día Internacional da Muller.

  • Parte do material elaborouse por parte do alumnado do CS de Imaxe para o Diagnóstico, que fixeron varios cartaces de mulleres referentes en diferentes sectores, un calendario para o ano 2026 no que se destacan diferentes datas vinculadas a mulleres importantes para o feminismo, marcapáxinas e calendarios de peto.
  • Outra parte do material foi deseñado e elaborado dende Polos Creativos. Na cortadora láser cortáronse letras en cartón que logo se pintaron en morado para formar o seguinte texto: “Grazas ao feminismo e ao 8M” que se colgou na columna central do Hall do centro.
  • Tamén dende polos creativos e coa impresora 3D imprimíronse numerosas reproducións do símbolo do feminismo (puño en alto dentro dunha circunferencia de cor morada) para montar en chaveiros e repartilos entre o alumnado. Tamén se colgaron moitos destes puños na columna central do Hall.
  •  Por último elaboráronse cartaces nos que se visibilizaban os numerosos cambios e avances sociais que conseguiu o feminismo. O emblema xenérico de todos os cartaces era “Gazas ao feminismo...”, logo incluían un avance e unha imaxe representativa dese cambio. Estes cartaces tamén estiveron expostos no Hall do Instituto colgados do teito.




 

"O TEU ESTILO DE VIDA CAMBIA OS TEUS XENS. EPIXENÉTICA E SAÚDE DAS MULLERES"


Para conmemorar o día da Muller e a Nena na ciencia (11 de febreiro) tivo lugar no centro o Faladoiro “O TEU ESTILO DE VIDA CAMBIA OS TEUS XENS. EPIXENÉTICA E SAÚDE DAS MULLERES”  impartido polas investigadoras da Universidade de Vigo Paloma Morán e Diana Valverde. Esta actividade estaba xestionada polo organismo 11F e desenvolveuse cos grupos de CM Coidados Auxiliares de Enfermaría e 1º CS Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear.

Foi unha charla moi práctica onde se puxo de manifesto como a nosa alimentación (o que comemos), o noso descanso (as horas que dedicamos a durmir) e os nosos hábitos (se facemos deporte ou se temos unha vida sedentaria, se bebemos alcohol o se consumimos substancias) poden influír na nosa xenética, de tal maneira que cambien os nosos xens, desenvolvendo trastornos ou doenzas ou trasmitíndollos á nosa descendencia. Tal e como se indica no nome do faladoiro, fíxose especial fincapé nos efectos deses cambios xenéticos na saúde das mulleres.

 Parabéns por esta iniciativa tan positiva, onde mulleres de ciencia de xeito totalmente desinteresado poñen en valor o seu traballo de investigación ou o traballo doutras mulleres.





 

"TALLERES QUÉROTE+ SOBRE SEXUALIDADE"

Estes obradoiros desenvolvéronse no mes de febreiro deste ano, foi impartido por persoal técnico do Quérote+ e o alumnado ao que estiveron dirixidos foi o de 1º FP Básica Administrativo e Electrónica (matutino e vespertino) e 3º ESO.

Todos os anos se organizan no centro estes talleres, cada vez máis necesarios e máis insuficientes xa que hai grupos que quedan fora e que actualmente están a demandar estas formacións.

Estes obradoiros este ano completáronse co Proxecta “Querote+” e con outras formacións organizadas dende orientación.






 

"MULLERES E DEREITOS HUMANOS"

A última actividade de decembro foi a conmemoración do Dia dos Dereitos Humanos. Co grupo de 2º CS Imaxe para o Diagnóstico-Dual levouse a cabo a actividade “MULLERES E DEREITOS HUMANOS.

O obxectivo deste traballo foi visibilizar ás mulleres que foron vítimas do sen sentido, da irracionalidade e da ausencia de respecto polos dereitos humanos. Tamén se incluíron mulleres que loitaron a loitan pola defensa deses dereitos, mulleres que son referentes na loita por unha sociedade máis digna, máis xusta e máis humana.

A metodoloxía seguida foi a mesma que noutras ocasións: uso da aula virtual da materia de Empresa e Iniciativa Emprendedora para propoñer a actividade,  e unha vez realizada e revisada, publicar os resultados no Blogue de Igualdade do centro.  O produto final: unha presentación de CANVA con algunhas das mulleres iconas dos dereitos humanos.

Mulleres e Dereitos Humanos de Raquel Martínez Rivas

 

"OS ICEBERGS DA DIVERSIDADE"


Tamén en decembro, para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se celebra o 3 de decembro, co alumnado de 2º CS Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear desenvolveuse a actividade “OS ICEBERGS DA DIVERSIDADE”.

Con esta actividade o que se pretendía era representar nunha cartolina un primeiro iceberg cos estereotipos dunha determinada diversidade, e nun segundo iceberg a realidade desa diversidade. O traballo realizouse por parellas e propuxéronse as diversidades:

  •   TDAH.
  •    TEA.
  •    Altas Capacidades.
  •    Dificultades de Aprendizaxe (incluíndo a dislexia, discalculia, disgrafía e disortografía).
  •    Xordeira.
  •    Discapacidade Intelectual (Incluíndo Síndrome de Down, Síndrome Angelman e Síndrome de Williams).
  •    Parálise cerebral (incluindo a diversidade motora).
  •    O Retraso Madurativo.
  •    OsTrastornos da conduta (incluindo Transtorno negativista desafiante, Trastorno explosivo intermitente, Trastorno da personalidade antisocial, Cleptomanía e Piromanía entre outros).
  •     Alumnado Migrante.

  •  Situación de Vulnerabilidade Socioeducativa (incluíndo amilias Itinerantes, Minorías Étnicas, Ambientes desfavorecidos ou marxinais, Menores sometid@s a medidas de responsabilidade penal, Alumnado sometido a medidas de protección e tutela ou Vítimas de violencia de xénero ou acoso)


A actividade foi proposta ao alumnado a través da aula virtual no módulo de IPEII, e unha vez realizada estivo exposta no Hall do centro.




 

"EDUREFERENTES DE EXECUTIVAS DE GALICIA"


Este programa xurde da necesidade de contar con referentes femininos que sirvan como exemplos para as xeracións novas na súa actividade profesional, para que se dea visibilidade ás numerosas mulleres profesionais galegas que son referentes nos seus respectivos sectores. A través deste programa lévanse a cabo encontros de mulleres referentes de Galicia con estudantes de ESO.

A primeira toma de contacto foi unha “Charla Inspiradora” que desenvolveron 2 referentes: Ana Castro Antonio (lLicenciada en Psicoloxía, esta pioneira no ámbito empresarial desenvolve proxectos sobre a xestión do talento, mellora de competencias e diversidade. Un dos que máis a enche de orgullo é “Divercity”, microgame creado para Walmart cuxo obxectivo era sensibilizar sobre a inclusión da diversidade como un valor)  e Marta Currás (Licenciada en bioloxía, Marta foi investigadora no departamento de Microbioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Tamén exerceu como Supervisora do laboratorio de control de calidade en Genentech, e Supervisora e xestor do laboratorio de control de calidade en Lonza. Actualmente está centrada na súa carreira literaria: Microrrelatos e contos publicados en distintas antoloxías desde 2009), que se desenvolveu para os cursos de 1º, 2º, 3º e 4º ESO.

A continuación, Susana Pérez, unha das coordinadoras do proxecto desenvolveu con 4º ESO un “taller orientado ao desenvolvemento de habilidades brandas” (Soft Skills) do alumnado.





sábado, 27 de xuño de 2026

"QUE NON TE LÍEN, TI ELIXES"


En novembro organizáronse unhas charlas didácticas impartidas por persoal das asociacións, fundacións e clusters de sectores con escasa representatividade feminina, dentro do programa “QUE NON TE LÍEN, TI ELIXES” con 3º e 4º ESO. Este foi o segundo ano consecutivo que no centro se desenvolve este programa. 

Unha das claves polas que se puxo en marcha este programa educativo é para tratar de eliminar a baixa representación feminina nos sectores laborais da construción, a madeira, o TIC, o metal e o mar de Galicia. Todos eles sectores con dificultades para alcanzar a igualdade laboral entre mulleres e homes. 

O obxectivo que se busca é fomentar unha orientación profesional libre de estereotipos de xénero e en relación a unha elección de ciclos formativos con menor presencia de mulleres, especialmente en sectores caracterizados por escasa representatividade feminina, como son os sectores anteriormente mencionados. 

Nesta ocasión acompañounos unha profesional do sector da construción.