EMPODERAMENTO FEMININO E MASCULINIDADES DISIDENTES
Pepe Cabido e Sonia Fernández desenvolveron co alumnado de 4º da ESO dous obradoiros: Cos nenos Pepe traballou como se constrúe actualmente a masculinidade e do positivo dun cambio "Da masculinidade hexemónica á masculinidade disidente", mentres Sonia traballou coas nenas o "Empoderamento Feminino". Foi tal a acollida que case a final de curso organizouse unha segunda parte destes obradoiros, onde xa se profundizou en como a mocidade se relaciona tanto afectiva como sexualmente.
Unha experiencia moi positiva, e moi ben valorada polo alumnado participante.
Para o próximo curso agardamos unha nova visita de Pepe e Sonia no centro!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario