Programas proxecta 2021/2022 |
TRABALLANDO A IGUALDADE E A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA A TRAVÉS DE PROGRAMAS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA NO CURSO 2021/2022
Este curso 2021/2022 desenvolvéronse no noso centro, entre outros, o PROXECTA Por 365 días de respecto e igualdade a través do cal se pretendía traballar a prevención de todo tipo de violencia machista, a visibilización do traballo das mulleres como un traballo de igual valor e calidade ca o dos homes, a promoción do bo trato nas relacións entre as persoas e o abrazo á diversidade afectivo-sexual.
Baixo o título “POR 365 DÍAS TRABALLADOS E 311 REMUNERADOS”, realizáronse diversas actividades incluidas no programa do Proxecta, algunhas coincidindo con datas sinaladas (25 Novembro, 11 Febreiro, 8 Marzo....) e outras que, sen desenvolverse específicamente neses días, traballaron diversos contidos orientados á promoción do respecto e a igualdade.
A igualdade nos contratos-programa 2021/2022 |
Tamén se solicitou o Contrato-Programa IGUALA-T, co cal o centro obtivo financiamento para poder desenvolver actividades e realizar traballos orientados á prevención do machismo e das violencias machistas, á promoción do bo trato e da igualdade, á intolerancia do acoso sexual, por razón de sexo, xénero e/ou orientación sexual, á erradicación da fenda salarial e o recoñecemento do traballo feminino como traballo de igual valor e á visibilización de referentes diversxs e o empoderamento dos colectivos máis vulnerables (mulleres, colectivo lgbtiqa+, persoas de etnia xitana, persoas con algún tipo de discapacidade....)
A continuación pódense ver mostras do traballo realizado durante todo o curso a través destas dúas ferramentas de innovación educativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario