A VIOLENCIA DE XÉNERO NOS NOVOS CONTEXTOS DIXITAIS
O 17 de xaneiro estivo no centro Haizea Álvarez, de Pantallas Amigas, a iniciativa polo uso seguro e saudable de Internet e doutras TICs na infancia e nas adolescencia, e por unha cidadanía dixital responsable.
Cos cursos de 2º e 3º da ESO Haizea desenvolveu o obradoiro educativo "Violencia de Xénero e o novo contexto dixital", centrado no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xurden no contexto dixital: ciberviolencia de xénero, grooming, sextosión, revenge porn, sexting..... así como a xestión do uso do móbil e o control das redes sociais.
Unha formación moi interesante e moi necesaria, sobre todo nos tempos que corren. Importante para reflexionar de como actuamos nos contextos dixitais e da repercusión e consecuencias dos nosos actos.
Este obradoiro é un dos recursos que ofrece o Programa "Por 365 días de respecto e igualdade" do PLAN PROXECTA 2021/2022
Ningún comentario:
Publicar un comentario