DIFUSIÓN ENTRE A COMUNIDADE EDUCATIVA DA "GUÍA DE ACTUACÍON ANTE CASOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO NO ÁMBITO EDUCATIVO"
A comezo de curso, para dar a coñecer a "Guía de actuación ante casos de Violencia de Xénero no ámbito educativo" publicada pola Xunta no ano 2020, fixéronse pequenos carteis coa foto da guía e un código CR que lles permitía ás persoas acceder á información dende os seus móbiles. Eses carteis colocáronse por todo o centro: corredores, seminarios, cafetaría, sala de profesorado, despachos de dirección, ximnasio, portas de acceso aos edificios, en todas as aulas e na propia páxina Web do centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario