venres, 1 de xullo de 2022

ACTIVIDADES PARA A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA  MACHISTA DO PLAN DIRECTOR E DO CONCELLO DE VIGO.  

No centro desenvolvéronse varios faladorios orientados á prevención da violencia machista, á desmitificación do amor romántico, á visibilización da violencia sexista na publicidade, nos entornos de traballo e nos espazos virtuais.
 
Durante o primeiro trimestre do curso impartíronse varios obradoiros sobre "Prevención da Violencia de Xénero" e "Riscos das Novas Tecnoloxías" do Plan Director 2021/2022 para alumnado de diferentes grupos e niveis educativos, dende a ESO a Ciclos Formativos, pasando pola Bacharelato e a FP Básica.
 
 
 Polo Concello de Vigo, a través do "Enlaza Vigo" impartíronse dúas formacións sobre "A prevención da Violencia Sexual", unha presencial cos ciclos de Xestión Administrativa e Asistencia á Dirección, outra on-line con 3º e 4º da ESO e púxose á disposición do centro a exposición "A escala da violencia na adolescencia" (premendo enriba da imaxe poderás acceder a todos os paneis da exposición).
 
 
 
 
 
Co alumnado do CM CAE Dual asistimos dende a aula ao Webinar en streaming  sobre "Prevención da Violencia Laboral" organizado polo ISSGA e impartido pola mutua de ATEP Ibermutuamur. (Se premes enriba da imaxe podes acceder ao mesmo).

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario