"QUE NON TE LÍEN, TI ELIXES!
En novembro organizáronse unhas charlas didácticas impartidas por
persoal das asociacións, fundacións e clusters de sectores con escasa
representatividade feminina, dentro do programa “QUE NON TE LÍEN, TI ELIXES”
con 3º e 4º ESO. Este foi o segundo ano consecutivo que no centro se desenvolve este programa.
Unha das claves polas que se puxo en marcha este programa
educativo é para tratar de eliminar a baixa representación feminina nos
sectores laborais da construción, a madeira, o TIC, o metal e o mar de Galicia.
Todos eles sectores con dificultades para alcanzar a igualdade laboral entre
mulleres e homes.
O obxectivo que se busca é fomentar unha orientación
profesional libre de estereotipos de xénero e en relación a unha elección
de ciclos formativos con menor presencia de mulleres, especialmente en sectores
caracterizados por escasa representatividade feminina, como son os sectores anteriormente
mencionados.
Nesta ocasión acompañounos unha profesional do sector da
construción.



Ningún comentario:
Publicar un comentario