"CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A LGTBIFOBIA"
No mes de maio conmemoramos todos os anos o día contra a Lgtbifobia. Obxectivo concienciar sobre a discriminación e abusos que aínda sofren na nosa sociedade as persoas homosexuais, transexuais e bisexuais.
- Creación dun cartaz coa seguinte mensaxe: Eres d@s que aínda pensan que a Lgtbifobia non existe????? Pois dalle unha volta. As letras da mensaxe das cores da bandeira LGBTIQA+.
- Colocación nas columnas do hall da exposición “Lgtbifobia no deporte”.
- Colocación no teito de abanicos abertos da bandeira LGBT.
- Montaxe dun obradoiro de pendentes e pulseiras lgtbiqa+. Dende polos cortáronse círculos de madeira coa landa grabada para montar pulseiras e colgantes. Tamén se imprimiron bastantes landas das colores da bandeira para poder montar os pendentes.
- Por último tamén se colgaron mensaxes contra a Lgtbifobia feitos polo alumnado.
Estamos a vivir un retroceso moi importante nos dereitos
Lbgtiq+. A normalización de discursos de odio no debate público, a polarización
política, o aumento da desinformación en redes sociais, a estigmatización das
persoas trans e o rexeitamento á maior visibilidade e conquistas lexislativas
das diversidades sexuais e de xénero son algúns dos motivos que están a
contribuír nese retroceso de dereitos. Consecuencias desta situación: as
agresións contra o colectivo triplicáronse en so 2 anos, e cada vez están máis
normalizadas as violencias verbais e a discriminación cara o colectivo.
Este ano o noso
gran de area na loita contra esa Lgtbifofia intégrano as seguintes accións:



Ningún comentario:
Publicar un comentario