domingo, 28 de xuño de 2026

 

"CONMEMORACIÓN DO 8M"


No mes de marzo, para a CONMEMORACIÓN DO 8M propúxoselle ao alumnado que participase na elaboración de materiais para promocionar o Día Internacional da Muller.

  • Parte do material elaborouse por parte do alumnado do CS de Imaxe para o Diagnóstico, que fixeron varios cartaces de mulleres referentes en diferentes sectores, un calendario para o ano 2026 no que se destacan diferentes datas vinculadas a mulleres importantes para o feminismo, marcapáxinas e calendarios de peto.
  • Outra parte do material foi deseñado e elaborado dende Polos Creativos. Na cortadora láser cortáronse letras en cartón que logo se pintaron en morado para formar o seguinte texto: “Grazas ao feminismo e ao 8M” que se colgou na columna central do Hall do centro.
  • Tamén dende polos creativos e coa impresora 3D imprimíronse numerosas reproducións do símbolo do feminismo (puño en alto dentro dunha circunferencia de cor morada) para montar en chaveiros e repartilos entre o alumnado. Tamén se colgaron moitos destes puños na columna central do Hall.
  •  Por último elaboráronse cartaces nos que se visibilizaban os numerosos cambios e avances sociais que conseguiu o feminismo. O emblema xenérico de todos os cartaces era “Gazas ao feminismo...”, logo incluían un avance e unha imaxe representativa dese cambio. Estes cartaces tamén estiveron expostos no Hall do Instituto colgados do teito.




Ningún comentario:

Publicar un comentario