domingo, 28 de xuño de 2026

 

"A FENDA SALARIAL E O ACOSO SEXUAL OU POR SEXO NO TRABALLO. COMO AFRONTALOS"


No mes de abril desenvolveuse un faladoiro impartido por representantes do sindicato CIG para os ciclos de Sistemas de Telecomunicacións, de Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear, de Mantemento Electrónico, de Administración de Finanzas e de Asistencia á Dirección.


Temáticas como a diferencia salarial entre mulleres e homes ou o acoso que as mulleres sofren nas súas contornas laborais por razón de sexo ou de orientación sexual ou mesmo por acoso sexual son contidos curriculares do módulo de Itinerario Persoal para a Empregabilidade I que se estudan na parte de prevención de riscos laborais, cando se analizan os riscos psicosociais e os factores deses riscos, e na parte da relación laboral cando se analiza a composición do salario e as súas garantías.


Para poder analizar con un pouco máis de profundidade estas situacións, puidemos contar con dúas representantes do Sindicato CIG que nos achegaron un pouco máis ás realidades que se viven nas empresas e compartiron as ferramentas coas que contamos na actualidade para poder combatelas. 






Ningún comentario:

Publicar un comentario