"EDUREFERENTES DE EXECUTIVAS DE GALICIA"
A primeira toma de
contacto foi unha “Charla Inspiradora” que desenvolveron 2 referentes: Ana
Castro Antonio (lLicenciada en Psicoloxía, esta pioneira no ámbito
empresarial desenvolve proxectos sobre a xestión do talento, mellora de
competencias e diversidade. Un dos que máis a enche de orgullo é “Divercity”,
microgame creado para Walmart cuxo obxectivo era sensibilizar sobre a inclusión
da diversidade como un valor) e
Marta Currás (Licenciada en bioloxía, Marta foi investigadora no
departamento de Microbioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Tamén
exerceu como Supervisora do laboratorio de control de calidade en Genentech, e
Supervisora e xestor do laboratorio de control de calidade en Lonza.
Actualmente está centrada na súa carreira literaria: Microrrelatos e contos
publicados en distintas antoloxías desde 2009), que se desenvolveu para
os cursos de 1º, 2º, 3º e 4º ESO.
A continuación, Susana
Pérez, unha das coordinadoras do proxecto desenvolveu con 4º ESO un “taller
orientado ao desenvolvemento de habilidades brandas” (Soft Skills) do
alumnado.



Ningún comentario:
Publicar un comentario