EMPODERAMENTO DA MULLER XITANA
O 20 de abril o Secretariado Xitano de Vigo impartiu no noso centro o
Faladoiro “Novas mulleres Xitanas” para 2º ESO, un grupo onde hai un alto número de alumnado
xitano, principalmente nenas. É moi importante promover entre estas alumnas a
continuidade nos estudos.
As mozas xitanas concentran un elevado
porcentaxe de abandono escolar, moitas veces pola incorporación ao traballo
familiar a partir dos 16 anos e noutras ocasións porque casan e comezan a ter
crianzas moi novas.
Fomentar a autonomía e a independencia entre estas mozas é
moi importante, e para iso traballan Asociacións como o Secretariado Xitano,
intentando favorecer a continuidade da formación académica entre mozas e mozos
(sobre todo mozas, que as que máis abandonan os estudos) para que estas rapazas
poidan ter unha saída profesional que lles permita valerse por si mesmas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario