MESA REDONDA "MULLER E DOBRE DISCRIMINACIÓN"
Tamén o 20 de abril organizouse no centro a Mesa Redonda “Muller e dobre discriminación” para 4º
ESO, 1º BACH, 1º CS AF e 1º CS IDMN. Participaron na mesa redonda:
- Ana
Martínez de AXPANAEX (asociación de persoas con discapacidade psíquica),
mestra especialista en pedagoxía terapéutica;
- Zaida
Jiménez do Secretariado Xitano, técnica en igualdade da Fundación
Secretariado Xitano en Vigo;
- Laura
Ferreira da Asociación FARAXA pola abolición da prostitución, que axudan e
asesoran ás vítimas de trata, explotación sexual e redes de proxenetas, e
mulleres prostituídas entre outras;
- e Lola
Pulleiro, antiga alumna do centro, estudante de Enfermaría e activista
trans.
Todas elas falaron en representación de catro dos
moitos colectivos vulnerables que existen, e puxeron de manifesto a dobre
discriminación que sofren as mulleres que pertencen a estes colectivos, xa que
á pertenza ao colectivo súmase o feito de ser muller.
Ningún comentario:
Publicar un comentario