mércores, 28 de xuño de 2023

 QUEROTE+ NO INSTITUTO

O 25 de outubro 2.022 leváronse a cabo 3 Obradoiros impartidos por persoal do centro Quérote+ de Vigo. Os grupos e os talleres que se levaron a cabo foron:  


  • Con 3º ESO: “Imaxe persoal e autoestima”
  • Con 2º ESO “Quen é Querote+?”
  • Con 1º FP Básica Administrativo e Electrónica: “Sexualidade e Adolescencia”

O obxectivo destes faladoiros foi dar a coñecer entre a mocidade os centros Quérote+, como un recurso que ofrece a Consellería de Política Social e Xuventude, explicando cales son os servizos que ofrecen estes centros. A maiores con 3ºESO tocaron temas moi sensibles entre a rapazada, sobre todo entre as mozas, como é a preocupación de gustarlles aos demais e como pode afectar na súa estima o feito de que os seus corpos, as súas aparencias, os seus físicos poden afectar moi seriamente á súa estima. Tamén se falou de sexualidade, de como se constrúen as relacións sexuais entre a xuventude, de como afrontar a sexualidade nunha etapa tan complicada como é a adolescencia.





Ningún comentario:

Publicar un comentario