xoves, 29 de xuño de 2023

 

NOVA EDICIÓN DO PLAN DIRECTOR: NOVAS TECNOLOXÍAS: RISCOS E PREVENCIÓN" 

O 28 de outubro 2.023 leváronse a cabo os Obradoiros do “Plan Director” sobre Novas Tecnoloxías con 2º, 3º e 4º ESO, e con FP Básica (familias administrativo e electrónica), impartidos pola policía nacional.

Con estas accións preténdese que o alumnado tome conciencia dos riscos que existen nos eidos dixitais, das consecuencias negativas do mal uso das redes sociais ou do dispositivo móbil e dos delitos cibernéticos dos que poden ser vítimas se non prestan atención ou non son coidadosas ou coidadosos cando se relacionan a través das redes con persoas que non coñecen.

Tamén se falou da ciberbuling, de como o acoso que sofren moitas crianzas non para cando se sae da escola, senón que continúa nos fogares a través dos grupos de Whatsapp ou a través de Instagram ou Twitter, por citar algunha rede.



Ningún comentario:

Publicar un comentario