INTELIXENCIA ARTIFICIAL CONTRA O MACHISMO
O 4 de novembro realizáronse os Obradoiros de
Presentación, Proba e Avaliación da Ferramenta Dixital “IA4Women” desenrolada por investigadoras do grao de
Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo para 2º ESO, 1º CM TCAE
Ordinario, 1º CS STI e 1º CS IDMN.
Rebeca Díaz
Redondo e Ana Fernández Vilas,
ambas investigadoras de atlanTTic e docentes da Escola de Enxeñaría de
Telecomunicacións da UVigo, visitaron o centro para presentarnos o Proxecto
IA4Women. IA4Women é unha ferramenta web de Intelixencia Artificial para
mulleres que permite analizar, mediante técnicas de procesado da linguaxe natural
e machine learning, comentarios machistas nas redes sociales. Segundo a
porcentaxe de violencia que haxa nos comentarios, un semáforo establece unha
cor en función do seu grao. O proxecto, no que participa atlanTTic xunto a
DATASALUS, está financiado pola Cátedra Feminismos 4.0 da Deputación de
Pontevedra ea Universidade de Vigo. O alumnado puido testar a ferramenta,
comprobando como pode detectar nun vídeo ou nun texto se existen comentarios
machistas ou sexistas.
Moitas grazas ás investigadoras e á
Universidade pola formación e por contar co Ricardo Mella para a mostra da
ferramenta.
👇👇👇Rebeca e Ana nas aulas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario