xoves, 29 de xuño de 2023

 

ENLAZA VIGO 2022/23: MOZAS E MOZOS CONTRA O MACHISMO

O 16 de novembro: Faladoiros “ENLAZA VIGO” desenvoltos polo Concello de Vigo para a prevención da Violencia de Xénero. Asistiron 3º e 4º da ESO, 1º CM XA-A, 1º CM XA-B, 1º CM TCAE Ordinario, 1º CM IT. Outro ano mais persoal do Enlaza Vigo desprazouse ao centro para impartir varios faladoiros nos que se pretende sensibilizar á mocidade fronte ao machismo, as condutas sexistas, a violencia contra as mulleres en todas as súas formas e a violencia sexual, unha das violencias machistas máis presentes entre a mocidade.


Unha das propostas do Enlaza Vigo, que se leva a cabo todos os anos, e a “Feira Educativa”. Nesta feira convídase a 12 centros educativos de Vigo a participar no acto e ponse a disposición de cada un deles un espazo expositivo no que poden montar un stand onde se visibiliza o traballo realizado nos centros de ensino, no marco da sensibilización, a educación en igualdade e a prevención da violencia de xénero. Os centros participantes coordinan coa organización os recursos necesarios e a dinámica a seguir no espazo expositivo. Esta ano, igual que outros pasados, o IES Ricardo Mella tamén participou e dispuxo dun stand expositivo na feira, onde se achegou material resultado de traballar a igualdade, a diversidade e a prevención da violencia noutros cursos pasados. Os resultados:




Ningún comentario:

Publicar un comentario