xoves, 2 de xullo de 2026

 

FICHA 5 DO PROXECTA: A RELACIÓN DOS SEXOS A TRAVÉS DA TECNOLOXÍA


As docentes que traballaron esta ficha e os grupos de alumnado foron Ana Isabel González cos grupos de 1º e 2º FP Básica Electrónica e 1º e 21 de FP Básica Administrativo, e Susana Piñeiro e Ana Carballeira con 3º ESO.


O mundo virtual é parte da realidade cotiá. Un espazo de comunicación e relación das diferentes dimensións da vida individual e social..... Así comeza a ficha 5 coa que se pretende potenciar a actitude crítica e reflexiva na toma de decisións, posibilitar un uso da tecnoloxía dun xeito responsable e positivo e reflexionar sobre o uso da tecnoloxía nas relacións persoais.


A metodoloxía seguida foi a mesma para os 5 grupos, xa que as docentes elaboraron materiais comúns que logo achegan ás aulas. A través dunha presentación
CANVA lembraron conceptos referidos ao uso da tecnoloxía nas relacións e na sexualidade (convivencia física, convivencia, virtual, netiqueta, pornificación, estereotipos, roles, desigualdades, interacción con chatbots na IA…etc), e  propiciouse un debate na aula cunha enquisa reflexiva anónima para que o alumnado achegase as súas opinións e construíse reflexións que foran de beneficio común.


Empregáronse os
vídeos que aparecen no apartado da bibliografía e recursos de interese como material de apoio para o traballo dos contidos e tamén de OnlyFans.


O desenvolvemento desta ficha ocupou 3 sesións (o debate requiriu a lo menos unha sesión das dúas necesarias para a presentación) nas horas de educación física (no caso de 3º
  ESO) e de inglés (no caso da Formación Profesional Básica), nos mes de Febreiro, Marzo e Abril.


As de EF fixéronse os días 13, 14 e 20 de abril, co alumnado de 3º ESO. No caso da FP Básica, fixéronse na semana do 23 ao 27 de febreiro.


A metodoloxías empregadas co alumnado foron
  activas, xa que colocan ao estudante no centro do proceso educativo, fomentan a participación, o pensamento crítico e a aplicación práctica do aprendido, tanto coa información ”teórica” da presentación coma a reflectida nos vídeos compartidos con eles. Asemade, a utilización dos debates xurdidos desta información, e a visualización compartida e debatida por todo o grupo, fai que a Aprendizaxe Cooperativa (na que o traballo en equipo ou grupos  é parte crucial, xa que  cada un ten un rol determinado) sexa tamén unha parte da metodoloxía empregada.


A
Aprendizaxe baseada en problemas  fundamentada  na propostas de problemas que se analizan, (a través da información, dos vídeos, da reflexión das enquisas…) investigan, argumentan (debates), ata que finalmente  achéganse solucións, tamén pode incluírse no noso traballo, porque para poder plantexar solucións ao problema, o alumno terá que adquirir os coñecementos necesarios.
 
Evidencias da enquisa reflexiva anónima
:
A enquisa está dispoñible na aula virtual do Proxecta:
https://centros.edu.xunta.gal/iesricardomella/aulavirtual/pluginfile.php/212578/mod_resource/content/1/FICHA%205_%20ENQUISA%20REFLEXIVA_%20A%20Relaci%C3%B3n%20de%20X%C3%A9neros%20a%20Trav%C3%A9s%20da%20Tecnolox%C3%ADa.pdf


Presentación CANVA:
(inclúe os vídeos “Redes sociales, cibersexo, onlyfans y apps para ligar”, “Pornografía digital. Adolescentes”, “internet Grooming: ciberacoso sexual a niños y adolescentes y su prevención”, “manual de sexting seguro”, “no puedes compartirlas sin su consentimiento Revenge porn”, “OnlyFans, el negocio oscuro del abuso”.

A RELACIÓN DOS SEXOS A TRAVÉS DA de Ana


Evidencias do traballo na aula:

 https://centros.edu.xunta.gal/iesricardomella/aulavirtual/mod/page/view.php?id=135924


Vídeos enlazados á aula virtual:

https://centros.edu.xunta.gal/iesricardomella/aulavirtual/course/view.php?id=1907

 







Ningún comentario:

Publicar un comentario