xoves, 2 de xullo de 2026

 

FICHA 3 DO PROXECTA: A ORIENTACIÓN DO DESEXO E A IDENTIDADE SEXUAL


As docentes que traballaron esta ficha e os grupos de alumnado foron  Ana Isabel González cos grupos de 1º e 2º FP Básica de Administrativo e 1º e 2º FP Básica Electrónica e Ana Carballeira e Susana Piñeiro con 3º ESO.
Con esta ficha procúrase potenciar a convivencia respectuosa e harmónica entre os sexos na súa diversidade, contribuír á eliminación de calquera tipo de discriminación por cuestión de identidade e/ou orientación e favorecer a comprensión dos conceptos de identidade e orientación por parte do alumnado.

A idea é desenvolvela en 2-3 sesións, co alumnado de 3º da ESO. Co alumnado de FP Básica, levouse a cabo en dúas sesións con cada grupo, entre o 8 e o 16 de xaneiro.

Na 1º sesión: coñecemento e comprensión  dos termos de identidade, orientación, diversidade, homofobia.......etc
Visualización dos vídeos facilitados nas fichas de Quérote+ e debate/reflexión da realidade persoal e da sociedade.
Proposta de enquisa (anónima) sobre identidade de xénero e diversidade sexual e contestación á mesma.

https://centros.edu.xunta.gal/iesricardomella/aulavirtual/course/section.php?id=17702

Na 2º sesión: por grupos de 3-4 alumnos, elaboración  dun cartel que fomente o respecto á diversidade sexual. Os resultados expoñelos no Hall do centro.

 Na 3º sesión: facer en gran grupo e de xeito colaborativo no taboleiro dixital, unha conclusión- reflexión sobre os contidos  despois de facer un pequeno debate.

https://centros.edu.xunta.gal/iesricardomella/aulavirt-ual/mod/resource/view.php?id=131937

 Evidencias da presentación Genially:


A metodoloxías empregadas co alumnado foron  activas, xa que colocan ao estudante no centro do proceso educativo, fomentan a participación, o pensamento crítico e a aplicación práctica do aprendido, tanto coa información ”teórica” da presentación coma a reflectida nos vídeos compartidos con eles. 

Asemade, a utilización dos debates xurdidos desta información, e a visualización compartida e debatida por todo o grupo, fai que a Aprendizaxe Cooperativa (na que o traballo en equipo ou grupos  é parte crucial, xa que  cada uno ten un rol determinado) sexa tamén unha parte da metodoloxía empregada. 

A Aprendizaxe baseada en problemas e  fundamentada  na proposta de problemas que se analizan, (a través da información, dos vídeos, da reflexión das enquisas…) investigan, argumentan (debates), ata que finalmente  se propoñen solucións, tamén pode incluírse no noso traballo, porque para poder propoñer solucións ao problema, o alumno terá que adquirir os coñecementos necesarios.





Ningún comentario:

Publicar un comentario