xoves, 2 de xullo de 2026

 

FICHA 1 DO PROXECTA: PRESENTACIÓN DO RECURSO QUÉROTE+

No desenvolvemento desta ficha participaron as docentes Susana Regueiro, orientadora do centro, e Raquel Martínez, coordinadora deste Proxecta. 

Ao tratarse da primeira ficha do proxecto e incluír contido introdutorio, esta foi a que se desenvolveu en primeiro lugar. Desenvolveuse durante o mes de novembro cos distintos grupos participantes no programa, isto é, 3º ESO, 1º e 2º FP Básica Electrónica e 1º e 2º FP Básica Administrativo. Adicáronse 3 sesións a esta ficha, unha sesión por grupo ou agrupamento. 1º FP Básica Electrónica realizouno el so, 1º FP Básica Administrativo realizouno con 2º FP Básica Electrónica e 2º FP Básica Administrativo realizouno con 3º ESO. 
Para iso as profesoras responsables desta unidade elaboraron unha presentación interactiva, seguindo a liña da achegada co propio proxecta pero máis completa e ampliada. Para comezar o alumnado foi respondendo a unhas preguntas que se propoñían ao comezo da presentación para comprobar o nivel de partida da rapazada participante, para continuar explicando que é o recurso Quérote+, que servizos presta, onde atopar unha oficina e datos de contacto.
A continuación a presentación utilizada: foto da portada e ligazón á propia presentación.

Tras as explicacións o alumnado realizou un simulacro de consulta en liña, seguindo os pasos indicados na presentación (e na propia ficha). O alumnado, utilizando seudónimos entrou no servizo Querote+, dende ahí ao formulario de dúbidas, e alí plantexaron as súas cuestións. 

Unha vez rematada a práctica, aproveitouse para explicar ao alumnado que iban participar no Proxecta Quérote+ xunto coas súas profesoras, e adiantáronselle os contidos que se tratarían ao longo deste programa.






Ningún comentario:

Publicar un comentario