MIGRACIÓN E XENOFOBIA
A primeira data traballada durante a segunda avaliación foi o 18 de decembro, Día Internacional das Persoas Migrantes. Nun centro multicultural como é o IES Ricardo Mella, con alumnado provinte de países tan distintos como Rusia, Venezuela, Arxentina, Líbano, Perú, ou Nixeria entre outros, é indispensable traballar esta data. Os discursos de odio que se cernen sobre o colectivo de persoas inmigrantes traspasa fronteiras, e un discurso que se estende como a pólvora a través das Redes Sociais necesita ser atallado nos centros educativos para garantir a convivencia pacífica entre un alumnado con orixes tan diferentes. Para traballar esta data marcáronse os seguintes obxectivos:
- Sensibilizar
ao alumnado coa situación de precariedade que acompaña ás persoas que se ven obrigadas
a abandonar os seus países de nacemento,
- Visibilizar as súas realidades nos países de acollemento e as situacións de discriminación das que son obxecto.
Para iso, deseñouse una actividade pola cal o alumnado debía realizar unha infografía sobre un contido relacionado coa migración. A actividade, ao igual que outras moitas, propúxose a través da aula virtual do módulo de IPE, no apartado de Actividades de Valores, concretando os contidos a tratar e distribuíndo eses contidos entre o alumnado, que debían realizar por parellas. Esta actividade traballouse co alumnado de 1º CS de Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear de Dual. Adxúntase unha captura de pantalla da aula virtual coas indicacións da tarefa:



Ningún comentario:
Publicar un comentario