CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL.
Con motivo do día internacional das personas con Diversidade Funcional, o 3 de decembro, o alumnado dos diferentes cursos de educación secundaria obrigatoria estivo realizando diferentes proxectos investigando sobre mulleres con discapacidade. Para a realización destes traballos o alumnado contou con diverso material proporcionado pola coordinadora do CP entre os que se atopaba material informativo, videos para a súa visualización e reflexión, entre outros.
A idea era que realizaran uns carteis para por nos corredoiros no centro, os productos finais son os que se observan nas imaxes:
Tamén, con motivo desta conmemoración, o alumnado de 1º e 2º de CS STI realizou varias presentacións sobre que se conmemora o 3 de decembro, que é a diversidade funcional e os tipos de diversidade funcional, mulleres referentes con diversidade funcional e as distintas barreiras coas que se atopan as persoas con diversidade funcional. Estas presentacións foron traballadas despois nalgunhas aulas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario