OBRADOIROS PARA TRABALLAR A DIVERSIDADE SEXUAL: "CAPACITISMO E DISCRIMINACIÓN LGBTIQA+" E "MOVIDAS TRANS"
En maio, co gaio do 17 de maio, día internacional contra a LGTBIfobia, desenvolvéronse no centro varias palestras sobre temática LGTBIQA+. O obxectivo era reflexionar co alumnado sobre al liberdade sexual como un dereito fundamental e universal, traballando o respecto pola orientación e identidade sexual das persoas, desmontando os discursos lgtbifóbicos e visibilizando a realidade Trans.
Para este traballo contamos coa Asociación AVANTE LGBT+, que desenvolveu no centro 4 faladoiros sobre "Capacitismo e Discriminación LGBTIQA+" para o alumnado de 1º FP Básica da familia de Administrativo, 1º CM-A e 1º CM-B de Xestión Administrativa e 1º CM de Instalacións de Telecomunicacións; e 2 palestras sobre "Movidas Trans" para o alumnado de 4ºESO, 4º PDC e 1º CM Coidados Auxiliares de Enfermaría (ensinanza de ordinario).
Ningún comentario:
Publicar un comentario