TRABALLANDO NAS AULAS CONTRA O MACHISMO, A LGTBIFOBIA E A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Ademais dos faladoiros e obradoiros explicados con anterioridade, tamén se desenvolveron outras actividades realizadas durante o curso co alumnado e relacionadas coa igualdade, diversidade afectivo sexual e a prevención da violencia contra a muller.
Como tarefas de aula, actividades complementarias e incluso actividades voluntarias, parte do profesorado implicado no Plan Proxecta e no Contrato Programa traballou co seu alumnado estas temáticas.
Todas esas actividades poden consultarse neste Blog, na publicación ACTIVIDADES DESENVOLTAS NA AULA
Premendo na anterior ligazón poden consultarse cada un dos traballos realizados na aula co alumnado, tanto as propostas feitas, maioritariamente a través da aula virtual, así como os resultados achegados polo alumnado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario