Construíndo iguais no Mella
Blog de Igualdade do IES Ricardo Mella
sábado, 18 de outubro de 2025
martes, 24 de xuño de 2025
HISTORIAS DE LGTBIFOBIA.
EXPERIENCIAS DE LGTBIFOBIA. A última data que se traballou co gaio deste Proxecta foi o 17 de maio, Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia. A pesares de que nos atopamos en pleno século XXI, o colectivo LGTBIQA+ segue a sufrir discriminacións, e a tendencia dos ataques ao colectivo, lonxe de diminuír, vai en aumento. Reflexionar sobre este tipo de discriminación foi o fío condutor desta actividade, na cal o alumnado debía relatar unha historia de Lgtibifobia sufrida na súa contorna máis próxima. Estas son algunhas das historias..................
PROSTITUCIÓN E EXPLOTACIÓN SEXUAL.
Unha das formas de
violencia contra a muller que ao mesmo tempo representa un dos negocios más rendibles
a nivel mundial é a explotación sexual e a trata de mulleres, nenas e nenos. A isto
engádese o debate social sobre se a Prostitución debe ser abolida ou debe ser
regulada...... Nesta ocasión o obxectivo desta actividade é que o alumnado reflexionara
sobre a situación de vulnerabilidade na que se atopan as mulleres prostituídas,
o estigma social que representa a prostitución e quen debe ser sinalado como
delincuente.
Neste caso o alumnado
de 1º CS de Imaxe para o Diagnóstico
elaboraron por parellas unhas infografías onde analizaban todos estes
temas. A continuación podemos ver algúns exemplos dos resultados:
A actividade foi proposta a través da aula virtual coas seguintes instrucións:
8 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO.
Como
outros anos, este non ía ser menos, sobre todo porque este ano conmemórase o
600 aniversario do Pobo Xitano en España. Visibilizar o pobo xitano, poñendo en
valor toda a súa riqueza cultural e achegándose á realidade dun colectivo discriminado
ao longo da historia e desmontando todos os prexuízos e falsos mitos
construídos en torno a el, non so enriquece, senón que tamén serve para
empoderar ao alumnado xitano do centro.
Para este día, montouse
un pequeno Stand no hall do centro onde se repartiron entre todos os membros da
comunidade educativa chaveiros, calendarios de peto e marcapáxinas, elaboradas
coa axuda de alumnado de 4º ESO e o algún profesorado de Polos Creativos.
“CAL É O TODO?” Co alumnado dos 1º cursos
dos CS de Imaxe para o Diagnóstico e Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos
fíxose unha adaptación da proba “LA PARTE POR EL TODO” do programa de LA 2 de RTVE “Saber
y Ganar”, onde o alumnado, coas probas que se ían colgando día a
día tiñan que adiviñar cal era o todo que se procuraba, así como explicar as
pistas. Por suposto con recompensa......
Neste caso “o todo”, é dicir, a incógnita que se buscaba,
era "A COMEMORACIÓN O DÍA 8 DE ABRIL (día
do Pobo Xitano) DO 600 ANOS DO POBO XITANO EN ESPAÑA". O alumnado
tiña que adiviñar “o todo” e ademais explicar a pista (é dicir, que significaba
a pista e como se relacionaba co todo). A continuación móstrase o
desenvolvemento do xogo:
Propúxose o acertixo na aula virtual...
Día a día foron colgándose as pisas.... e o alumnado iba incorporando as súas teorías..
E unha vez resolto xa se colgaron as explicacións
Outra das actividades que se desenvolveron nas aulas co gaio do 8 de abril foi elaborar tarxetas con palabras caló ou de orixe caló para logo montar un PASAPALABRA ROMANÍ. Exemplos dos resultados:
AS FUMIKOS
Moitas son as mulleres non recoñecidas ao longo da historia, cuxos traballos e logros lles foron usurpados ou simplemente atribuídos aos seus familiares ou compañeiros varóns. Este ano, co gaio do 8 de marzo quixemos sacar á luz a todas esas mulleres escurecidas pola historia identificando as súas conquistas e otorgándolle os méritos correspondentes.
Neste caso o obxectivo era sacar á luz e dar
a coñecer a verdadeira autoría de achados, investigacións, obras artísticas e
literarias, e descubrimentos levados a cabo por mulleres pero cuxos méritos non
lles foron otorgados ás verdadeiras autoras.
Metodoloxía: Asináronse tres mulleres por alumna/o a fin de que investigaran sobre as súas persoas e elaborasen unha pequena biografía de cada unha delas para logo expoñer no hall do instituto. Novamente a actividade propúxose a través da aula virtual do módulo de EIE, no apartado de Actividades de Valores, concretando os contidos a tratar e distribuíndo eses contidos entre o alumnado, que debían realizar de xeito individual. Esta actividade traballouse co alumnado de 2º curso do CS de Sistemas de Telecomunicacións e informáticos e do CS de Mantemento Electrónico. Adxúntanse varias capturas cos resultados dalgún traballo e coa montaxe final na entrada do edificio principal do centro.
MIGRACIÓN E XENOFOBIA
A primeira data traballada durante a segunda avaliación foi o 18 de decembro, Día Internacional das Persoas Migrantes. Nun centro multicultural como é o IES Ricardo Mella, con alumnado provinte de países tan distintos como Rusia, Venezuela, Arxentina, Líbano, Perú, ou Nixeria entre outros, é indispensable traballar esta data. Os discursos de odio que se cernen sobre o colectivo de persoas inmigrantes traspasa fronteiras, e un discurso que se estende como a pólvora a través das Redes Sociais necesita ser atallado nos centros educativos para garantir a convivencia pacífica entre un alumnado con orixes tan diferentes. Para traballar esta data marcáronse os seguintes obxectivos:
- Sensibilizar
ao alumnado coa situación de precariedade que acompaña ás persoas que se ven obrigadas
a abandonar os seus países de nacemento,
- Visibilizar as súas realidades nos países de acollemento e as situacións de discriminación das que son obxecto.
Para iso, deseñouse una actividade pola cal o alumnado debía realizar unha infografía sobre un contido relacionado coa migración. A actividade, ao igual que outras moitas, propúxose a través da aula virtual do módulo de IPE, no apartado de Actividades de Valores, concretando os contidos a tratar e distribuíndo eses contidos entre o alumnado, que debían realizar por parellas. Esta actividade traballouse co alumnado de 1º CS de Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear de Dual. Adxúntase unha captura de pantalla da aula virtual coas indicacións da tarefa:
luns, 23 de xuño de 2025
OS DEREITOS HUMANOS VERSIÓN VISUAL THINKING.
A
actividade propúxose no grupo de 1º do Ciclo Superior de Imaxe para o
Diagnóstico, no módulo de IPE 1 Adxúntase unha captura de pantalla da aula
virtual coas indicacións da tarefa:
O produto final do traballo móstrase a continuación nunha presentación de Canva. Tamén foi incorporado a un traballo sobre os Dereitos Humanos realizado na ferramenta Genially.
Por último este traballo servirá de base para a elaboración o próximo curso dun xogo de mesa en Polos Creativos, para traballar estes contidos nas aulas da ESO, Bacharelato e nos cursos da FP Básica principalmente.
luns, 16 de xuño de 2025
3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL.
E dúas presentacións na ferramenta Canva, unha so coas imaxes e outra de biografías. Aquí as mostras do traballo:
A VIOLENCIA SEXUAL COMO FORMA DE VIOLENCIA DE XÉNERO.
Unha das actividades deseñadas este curso 2024/2025 para traballar o día internacional da eliminación da violencia contra a muller centrouse en sensibilizar ao alumnado sobre as diferentes formas de exercer a violencia machista, poñendo o foco principalmente na violencia sexual.
Para iso, deseñouse una actividade pola cal o alumnado debía realizar por
parellas unha infografía sobre un contido relacionado con dita violencia
sexual.
mércores, 3 de xullo de 2024
TERCEIRA EDICIÓN DO "CLUB DE LECTURA DE IGUALDADE"
O primeiro libro co que se traballou foi “Oito días sen Eva Cortés”, de Sara Vila. “A desaparición dunha rapaza en Pontevella sacode a cidade mentres a prensa local comeza a furgar na súa vida familiar e nas relacións persoais. Moitos prexuízos sociais pesan sobre Eva Cortes: ser muller, pertencer a unha familia humilde e frecuentar aplicacións de contactos. Na redacción do Correo de Pontevella non desperdician ningunha información morbosa, aínda que Antía Ubeira non estudase xornalismo para facer dun suceso tan tráxico unha noticia sensacionalista. O seu xefe só pensa en vender xornais, mentres ela se enfronta cada día aos seus principios. O diario de Eva Cortes, as novas do suceso no xornal e a visión de Antía son as tres voces que narran esta novela trepidante”. Con este libro aproveitamos para traballar a temática da violencia de xénero. Estivemos os meses de outubro, novembro e decembro, e participou alumnado de 1º CS IDMN, de 1º CS AF e 1º CS STI.
Ao remate do mesmo, o 19 de decembro Sara Vila, a autora, achegouse ao centro para compartir con nos un pequeno faladoiro sobre o libro, as súas inquedanzas e de como xurdiu Oito días sen Eva Cortés. Unha agradable reunión onde falamos de lectura e violencia machista.
Para o segundo libro (nos meses de Febreiro a Abril) foi a quenda de “Infamia”, un libro de Ledicia Costas, unha historia na que se misturan temas que lamentablemente enchen os titulares dos xornais todos os días: abusos sexuais do clero, pedofilia, homofobia, violencia sexual ou corrupción. Participou alumnado de 1º CS IDMN e de 1º CS STI. “Emma Cruz é avogada e profesora de Dereito Penal. Trasládase a Merlo para impartir clases na Universidade, sen saber que ese lugar está marcado pola desgraza. A súa chegada coincide co 25 aniversario da desaparición das irmás Giraud, dúas nenas ás que semella que tragou a terra.” Nesta ocasión non puidemos contar coa autora xa que a falta de orzamento imposibilitou tal encontro.
ENCONTRO CON ELENA VÁZQUEZ, ALUMNA DE 3º ESO
O 28 de maio organizamos un encontro entre o alumnado de 1º curso de CS de Sistemas de Telecomunicacións e Elena Vázquez, alumna de 3º ESO, na que o curso de 1º de STI escoitou de primeira voz a súa experiencia vital e xuntos reflexionamos sobre a necesidade de sensibilizar ao alumnado coas persoas afectadas de diversidade funcional.
oi un momento moi emotivo, xa que Elena compartiu as súas vivencias persoais e fíxonos pensar nas numerosas barreiras coas que se atopa no seu día a día e que para nos moitas delas pasaban inadvertidas.
"A ORIXE DAS DESIGUALDADES"
Aproveitando que Carmen Armada Olleros, profesora asociada da Área de Filosofía da Universidade de Vigo (Campus de Ourense) estivo no centro como docente durante un tempo neste curso, no mes de maio organizáronse 3 faladoiros sobre a orixe das desigualdades.
O alumnado participante foi o 1º curso do CS de Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear, o 1º curso do CS de Administración e Finanzas e o 1º curso do CM de Coidados Auxiliares de Enfermaría.
FALADOIRO "A NOVA ESCRAVITUDE DO SÉCULO XXI: TRATA DE SERES HUMANOS CON FINS DE EXPLOTACIÓN SEXUAL, OUTRA FORMA DE VIOLENCIA DE XÉNERO".
Trátase dun recurso do Plan Proxecta polo cal o 19 de abril se impartiron no centro 2 faladoiros: 1 con 1º BACH H e o 1º curso do CS de Sistemas de Telecomunicacións e outro con 1º BACH C e o 1º curso do CS de Administración e Finanzas.
Neste caso foron impartidos por Estefanía Eléxpuru Boullosa, técnica do Proxecto Novicom de ACCEM. O alumnado reflexionou sobre o concepto de trata e a prostitución como unha forma de violencia sobre a muller.
-
AS FUMIKOS Moitas son as mulleres non recoñecidas ao longo da historia, cuxos traballos e logros lles foron usurpados ou simplemente atri...
-
A VIOLENCIA SEXUAL COMO FORMA DE VIOLENCIA DE XÉNERO. Unha das actividades deseñadas este curso 2024/2025 para traballar o día internaciona...
-
OS DEREITOS HUMANOS VERSIÓN VISUAL THINKING. A terceira data traballada no primeiro trimestre foi o 10 de decembro, data na que se con...
.jpg)

.jpg)
.jpg)

































.jpg)






