Este curso 2025 - 2026 no IES Ricardo Mella probamos co Proxecta Quérote+. Un grupo de mulleres docentes que decidiron embarcarse neste proxecto cun único obxectivo: introducir nas súas aulas algo do que adoecen a maioría dos currículums de todos os niveis educativos, a educación afectivo sexual en toda a súa extensión: promoción da saúde sexual, das relacións de parella sas e respectuosas, do respecto polas diversidades sexuais, da boa comunicación e da responsabilidade non uso das RRSS.
Durante este curso o Proxecta traballouse cos grupos de 3º ESO e 1º e 2º da FP Básica de Administrativo e Electrónica, e aínda que hai moita desinformación entre a mocidade, e temos que loitar con moitas crenzas e mitos que están moi asentados, foi tamén unha experiencia moi positiva ver como o alumnado escoita e reflexiona, e comeza a cuestionar as referencias anteriores.
Moitas grazas por acompañar neste Proxecta a Vera Álvarez, Paz Ares, Ana Carballeira, Laura Carpente, Ana Isabel González, Bárbara Merino, Aurea Parcero, Susana Piñeiro, Susana Regueiro e Irene Sánchez, compañeiras estupendas que sacaron a diante o primeiro Quérote+ do Mella.
Neste espazo está explicado como se desenvolveu o Proxecta durante todo o curso. Para empezar un pequeno resumo de todo o traballo feito.
Nos seguintes post está a explicación do desenvolvemento de cada ficha individual.
Ningún comentario:
Publicar un comentario