ACTIVIDADES DESENVOLTAS NA AULA
- PROTOCOS DE ACTUACIÓN ANTE SITUACIÓNS DE SUBMISIÓN QUÍMICA. Para o mes de novembro, que se conmemora o día internacional contra a Violencia Machista, o alumnado do 2º curso do CS de Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear, elaborou por equipos de traballo 4 Protocolos de Actuación ante unha situación de Submisión Química en 4 contextos diferentes: no grupo de amizades, de festa, nun centro educativo e nun centro sanitario.
- VISIBILIZANDO AS VIOLENCIAS MACHISTAS. Unha das propostas para conmemorar o 25 de Novembro foi que o alumnado visibilizase, a través de bonecas, as violencias sexistas e machistas que sofren as mulleres pola súa condición de muller.
- CONTORNAS SEN VIOLENCIA? Tamén para conmemorar o 25 de Novembro foi que o alumnado gravase pequenos vídeos onde mulleres das súas familias compartisen situacións ou vivenzas onde se viran privadas de exercer algún dereito, simplemente polo feito de ser muller.
- SESGOS E DESIGUALDADES NA COMUNICACIÓN E NA PUBLICIDADE. Neste caso dende o módulo de Empresa e Iniciativa Emprendedora traballouse co alumnado de 2º curso do CS de Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear a presenza de desigualdades e de sesgos machistas e sexistas no Marketing e a Publicidade.
- CONQUISTANDO ESPAZOS. O obxectivo desta actividade programada para o 8 de marzo era dar visibilidade a aqueles espazos onde a muller ten pouca ou ningunha presenza. Para iso.......
- REFERENTES FEMININOS NA LOITA SINDICAL. Neste caso a actividade centrouse en dar visibilidade ás mulleres que tiveron un papel importante na loita sindical, sendo este un espazo predominantemente masculino e onde o traballo destas mulleres quedou totalmente invisibilizado.
- AS PORTAS DIVERSXS. O Nesta ocasión, co gaio do 17 de maio, día internacional contra a Lgtbifobia, o alumnado decorou as portas das súas aulas para visibilizar o rexeitamento da violencia cara as persoas do colectivo.
CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A LGTBIFOBIA. Ademais das portas diversas, como mostra do rexeitamento cara a Lgtbifobia, o alumnado fixo uns "bocadillos" con mensaxes formato hashtag de rexeitamento cara os comportamentos homófobos e de respecto que se colgaron no teito do hall do centro, elaborouse un panel con exemplos de comentarios e expresións homófobas e transfobas, e realizáronse calendarios de peto con deseños de temática Lgtb
Ningún comentario:
Publicar un comentario