CONTORNAS SEN VIOLENCIAS
Tamén para conmemorar o 25 de Novembro foi que o alumnado gravase pequenos vídeos onde mulleres das súas familias compartisen situacións ou vivenzas onde se viran privadas de exercer algún dereito, simplemente polo feito de ser muller.
Nesta actividade participou o alumnado de 1º curso do CS de Imaxe para o Diagnóstico co docente Santiago Meseguer. Cos traballos entregados polo alumnado elaborouse un vídeo montaxe con todas as achegas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario