NESGOS NA MEDICINA: A ENDOMETRIOSE
O 27 de xaneiro organizouse un Faladoiro sobre a Endometriose, impartido pola Asociación “Querendo” de Mulleres vítimas desta doenza. Con esta actividade o que se pretendía era poñer de manifesto os nesgos que existen na Medicina á hora de diagnosticar unha doenza, sobre todo cando se refiren a enfermidades que son propias das mulleres. A Endometriose é unha doenza que afecta so ás mulleres, e en moitos casos os síntomas banalízanse ou non se presta á atención debida o que acaba derivando en situacións moito máis graves. Unha das principais demandas é que se fagan as probas diagnósticas necesarias, na mesma medida que se realizan aos homes, en lugar de que derivar ás vítimas aos profesionais da saúde mental sen facerlles unha triste exploración, só polo feito de ser mulleres. Participaron os cursos de 1º e 2º do ciclo superior de Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear.
Ningún comentario:
Publicar un comentario