xoves, 30 de xuño de 2022

 CREACIÓN DUN PUNTO LILA

O interese en visibilizar o Instituto como un centro con Tolerancia Cero cara a Violencia Machista, no so ante as persoas que circulan polo mesmo todos os días (alumnado e profesorado e persoal non docente) senón tamén ante o resto da comunidade educativa (inspección, familias...) e ante as persoas alleas ao centro que por distintas circunstancias accedían ao mesmo (persoas que veñen a impartir faladoiros e/ou obradoiros, reparto postal, persoas usuarias do Viveiro de Empresas...) i en achegar información precisa e veraz sobre todo ao alumado levounos a crear un punto lila na entrada do centro. 

O concello de Vigo facilitounos diverso material moi axeitado e variado para esta finalidade.

O punto lila sitúase ao carón da portal principal de acceso ao edificio central do IES, concretamente na porta de entrada. O alumnado pode recoller información e material como pulseiras ou chapas.

Este punto lila créase coa finalidade de establecerse como un elemento permanente no centro (non foi algo temporal para a data do 25 de novembro).

DIFUSIÓN ENTRE A COMUNIDADE EDUCATIVA DA "GUÍA DE ACTUACÍON ANTE CASOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO NO ÁMBITO EDUCATIVO" 

A comezo de curso, para dar a coñecer  a "Guía de actuación ante casos de Violencia de Xénero no ámbito educativo" publicada pola Xunta no ano 2020, fixéronse pequenos carteis coa foto da guía e un código CR que lles permitía ás persoas acceder á información dende os seus móbiles. Eses carteis colocáronse por todo o centro: corredores, seminarios, cafetaría, sala de profesorado, despachos de dirección, ximnasio, portas de acceso aos edificios, en todas as aulas e na propia páxina Web do centro.